Xaneiro e Agosto sempre traen malos datos para o emprego e o mes pasado cumpriu con esta regra xeral.
Un total de 59 pontevedreses inscribíronse nas listas do paro durante o último mes, segundo os datos publicados este martes pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, o número de desempregados na cidade sitúase en 5.136 persoas.
O aumento do paro, claramente vinculado coa tempada estival, é xeneralizado en todo o ámbito de influencia de Pontevedra aínda que moito máis acusado en vilas de maior presión turística como O Grove o Sanxenxo.
Agosto | Xullo | Variación | |
Pontevedra | 5.136 | 5.077 | 59 |
Barro | 196 | 191 | 5 |
Bueu | 617 | 618 | -1 |
Caldas de Reis | 581 | 595 | -14 |
Cambados | 808 | 761 | 47 |
Campo Lameiro | 119 | 117 | 2 |
Cerdedo-Cotobade | 300 | 312 | 7 |
Cuntis | 267 | 272 | -5 |
O Grove | 435 | 458 | -23 |
A Illa de Arousa | 211 | 215 | -4 |
A Lama | 140 | 138 | 2 |
Marín | 1.462 | 1.422 | 40 |
Meaño | 221 | 218 | 3 |
Meis | 248 | 243 | 5 |
Moraña | 258 | 239 | 19 |
Poio | 863 | 855 | 8 |
Ponte Caldelas | 412 | 412 | 0 |
Portas | 158 | 158 | 0 |
Ribadumia | 232 | 246 | -14 |
Sanxenxo | 626 | 591 | 35 |
Vilaboa | 327 | 318 | 9 |
Vilagarcía de Arousa | 2.901 | 2.876 | 25 |
Vilanova de Arousa | 591 | 589 | 2 |
DATOS PROVINCIALES
Por su parte, un total de 2.713 pontevedreses han abandonado las listas del paro durante del último mes, informa el Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. Así, el número de desempleados en la provincia asciende actualmente a 60.835, un 4,27% menos que en mayo. El descenso es más acusado si se compara con los datos de hace un año. Entonces estaban registrados como demandantes de empleo cinco mil pontevedreses más.
PROVINCIA
Na provincia de Pontevedra en número de persoas rexistradas como demandantes de emprego é de 60.249, isto supón que no pasado mes de agosto incrementouse esta cifra en 1.186 persoas máis (un 2,01%). Con respecto ao pasado ano hai uns 3.752 desempregados menos (-5,86%).
GALICIA
En Galicia, as oficinas de Emprego rexistraron en agosto 153.820 parados, o que supón 2.899 máis que en xullo (un 1,92 %).
Se comparamos estes datos cos de agosto do 2018, a comunidade rexistrou 10.604 desempregados menos que o ano pasado, un 6,45 % menos. En termos desestacionalizados, o paro subiu no oitavo mes do ano en 4.435 persoas.
ESPAÑA
A nivel estatal o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego incrementouse en agosto en 54.371 persoas con respecto ao mes anterior. Así, a cifra total de parados rexistrados situouse en 3.065.804, a cifra máis baixa nun mes de agosto nos últimos 10 anos.
Segundo os datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social publicados este martes, con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o paro reduciuse en 116.264 persoas, sendo o ritmo de descenso do 3,65%. En termos desestacionalizados, o paro subiu en 4.435 persoas.