O alcalde de Poio, Ángel Moldes advertiu este luns de que "a situación económica do Concello vai ser moi complexa para este ano".
Segundo asegurou o novo rexedor de Poio "agora mesmo a maioría das partidas do orzamento están esgotadas"
"Somos o Concello con máis débeda de toda a provincia de Pontevedra" lamentou unhas vez máis Ángel Moldes, pero agora xa como alcalde de Poio encargará unha auditoría aos funcionarios do Concello para ter unha análise clara da situación económica da administración local "imos ver, cando fagamos esa auditoría, cantas facturas están pendentes de pago e sen partida orzamentaria".
Ángel Moldes anunciará este mércores a organización do novo goberno municipal e as áreas que xestionará cada concelleiro.
"A min gústame ser moi respectuoso cos tempos", sinalou Moldes para xustificar que os funcionarios do Concello de Poio serán os primeiros en ter coñecemento destes cambios que, posteriormente, serán comunicados á prensa.
O que si adiantou é que "apostamos a que todo o Concello funcione como un único equipo", reiterando o xa exposto no seu discurso deste sábado durante o pleno de investidura.
Por último, Ángel Moldes repetiu que quere que o seu sexa "un goberno para todos, de escoitar, con moita humildade e buscando solucións para os problemas reais dous nosos veciños".