"Lo sentimos mucho, hoy no podemos dejar que se celebre ningún pleno", afirmaba Mari Carmen Freire, portavoz dos afectados por preferentes e subordinadas da Plataforma Marín-Pontevedra, xusto cando o alcalde, Miguel Fernández Lores, tomaba a palabra para abrir a sesión do Pleno municipal. "Nos conocéis y sabéis que no somos violentos, pero nos estáis obligando a seguir peleando de esta manera".
Os primeiros en abandonar os seus asentos no Teatro Principal foron os tres concelleiros do PSdeG-PSOE. Non esperaron a consultalo co resto da corporación. Ante os berros dos membros da Plataforma, que pedían "justicia" para a súa situación, Miguel Fernández Lores achegouse a eles e accedeu a suspender o pleno. Os afectados ofreceron a posibilidade de permitir a aprobación de asuntos urxentes, pero o alcalde díxolles que non facía falta.
"Somos familias normales, honradas y trabajadoras que sólo estamos reclamando nuestro dinero, lo que nos robaron", explicou Mari Carmen Freire mentres se dirixía aos membros da corporación. "Tenemos un trabajo muy duro por delante que es intentar que un ladrón nos devuelva nuestros ahorros, cuando lo que nos ofrece es una nueva quita y, aún por encima, nos siguen sin llamar para el arbitraje".
Esa cuestión é a que máis enfadados tiña aos afectados. Desde este luns, acabouse a vía da arbitraxe para eles. Todas aquelas persoas que non sexan chamadas xa, non poderán recuperar os seus aforros desta forma. Unha solución que se esgota, cren, porque os partidos políticos, especialmente o Partido Popular, non presionaron suficiente a Novagalicia Banco e ao FROB para que puidesen continuar as arbitraxes.
"No queremos ser violentos y nos obligáis a serlo", asegurou a portavoz dos afectados. "Desde el momento que no vemos una reacción por vuestra parte y no nos vemos satisfechos, tenemos que pedir justicia". Foi o momento no que, tanto ela como o medio cento de afectados que ocupaban parte do Teatro Principal, comezaron a reclamar "justicia", entre gritos de "a culpa de quen é, do Goberno do PP", cos que acompañaron aos concelleiros populares ata que abandonaron o pleno.
Tralo sucedido, Jacobo Moreira asegurou entender o "sentimiento" dos afectados por preferentes e subordinadas, pero insistiu en que o seu grupo "ha estado siempre a su lado, apoyándolos en cada paso que han ido dando". En todo caso, restou importancia ao sucedido e expresou a súa "máxima solidariedad" con todos eles. "El Partido Popular seguirá luchando para que los afectados recuperen su dinero", concluíu.