A corporación municipal do Grove reduciu a un único punto a sesión plenaria celebrada na tarde do luns trala irrupción dun grupo de de trinta afectados polas preferentes que interromperon o pleno apenas dera comezo.
Coas súas habituais camisolas e portando pancartas de denuncia os afectados concentráronse no salón e empezaron a facer ruído esixindo unha solución ao seu problema. Nese momento os concelleiros do PSOE e de EU, decidiron abandonar o pleno en sinal de solidariedade con eles.
Antes de suspender o pleno o alcalde, Miguel Anxo Pérez, pediu aos manifestantes que lle deixasen aprobar un único punto: a firma dun convenio para teleasistencia, do que se poden beneficiar 17 usuarios do Grove e que corría perigo si non se aprobaba pronto. Non houbo problema. Aprobouse por unanimidad co apoio do Bloque. Logo levantouse a sesión.
Unha vez rematado o pleno, que durou pouco máis de dez minutos, tanto o voceiro socialista, José Antonio Cacabelos como o de Esquerda Unida, Lamelas, criticaron que o Goberno local optara por manter o citado punto na orde do día en lugar de suspendelo e "visualizar" o apoio da corporación local "a uns veciños que están a serestafados", destacou o edil socialista.
Non se rexistraron incidentes á saída dos concelleiros, precisaron fontes da plataforma do Salnés.