A plataforma de afectados polas participacións preferentes e obrigacións subordinadas da zona de Umia adiante que seguirá "traballando e presionando os políticos locais" co fin de que se retome a vía do arbitraxe para tódos os afectados e sexan os concellos quen asuman o 100% dos gastos que teñan que asumir os prexudicados para acceder á Xustiza (de taxas a avogados ou procuradores) mentras esta sexa a única vía dispoñible para recuperar os aforros dos afectados.
A plataforma continúa coas suas medidas de presión sobre os concellos. Este luns irrumpeu no Pleno de Barro, solicitandolle ao alcalde, Jose Antonio Landín, que aboase as 20 camisetas da plataforma que mercara o Concello e que aínda non pagara. O rexedor comprometeuse a pagar ao día seguinte, como así fixo este martes.
Dende o colectivo critican duramente que "a estafa da que fomos vítimas siga sen resolver a día de hoxe", e que tampouco o alcalde de Cuntis, Antonio Pena, cumplira a palabra dada de xestionar unha reunión co presidente da Deputación, Rafael Louzán.
Segundo aseguran dende a plataforma, sen que fixera falta moito máis, levantouse o Pleno.
Sinalan neste liña que esta actitude contrasta claramente coa da alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, quen o xoves 18 de xullo se levantou do Pleno, fuxiu dos afectados nun vehículo de alta gama e retomou a sesión horas mais tarde "burlándose da democracia ao celebrar o Pleno a porta pechada, ocultándose da opinión pública" e ao ocultar a data e hora da celebración.