Cadaleitos, cruces, velas, unha mesa de condolencias… quen pasaba este venres co seu coche pola estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531, atopáronse ao chegar á parroquia de Campañó con esta curiosa escena.
Un grupo de afectados polo trazado da Variante de Alba escenificaron un velorio nunha leira particular no lugar de Santo Paio.
Nesta ocasión participaron menos persoas que nas anteriores protestas.
Os veciños foran convocados mediante unha necrolóxica na que se critica ás administracións por impulsar esta estrada de conexión da PO-531 e a N-550 que afecta a Campañó e Lérez que, segundo sosteñen, son dúas parroquias "esquecidas da man dos políticos de turno ao día seguinte das eleccións", reza a necrolóxica.
Ao non estar autorizada a manifestación pola estrada os convocantes optaron por esta nova fórmula que non causou ningún tipo de incidencia no tráfico máis aló daqueles curiosos que reduciron a súa velocidade para ver con máis detalle o que estaba a ocorrer.