Un grupo de afectados pola ameaza de derriba de oito vivendas da urbanización Mar Tambo de Chancelas coincidiron este venres no exterior da Subdelegación do Goberno de Pontevedra cos traballadores da empresa Ence que acudían á mesa de traballo polo futuro da fábrica de Lourizán.
Os propietarios destas vivendas de Poio querían facer chegar as súas reivindicacións ao vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde.
Piden á Xunta que lles dea "o mesmo trato" que a Ence e os seus traballadores e búsquese unha solución "que evite o desafiuzamento de varias familias" ante a inminente demolición destes chalés por parte da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística por invadir a liña de costas.
O portavoz destes afectados, Xosé Ríos, explicou que "están impoñéndonos multas moi elevedas en cifras escandalosas, con vía de embargo". "A Xunta fixo un proxecto e ten intención de derrubar as oito vivendas dentro da liña de costas. Pretende levar adiante os desafiuzamentos para derrubar, e iso será pagado polos desafiuzados. lsto é cruel: déixannos sen recursos, bótanos da nosa casa, e despois pretenden que paguemos", dixo.