A empresa Eicros Gestión, S.L. será a encargada de realizar as melloras de reforma e ampliación do Centro Sociocultural de Corredoira por un importe de 141.933 euros.
A Casa do Pobo de Corredoira foi adquirida polo Concello de Cerdedo-Cotobade ao Ministerio de Emprego por un importe de 25.166 euros despois de confirmar que esta edificación fora incautado polo franquismo.
Con este proxecto, realizado pola arquitecta local María García, queren dar resposta á funcionalidade do edificio así como mellorar a súa imaxe exterior para adecuala aos novos tempos e ás necesidades de uso por parte dos veciños e veciñas de Corredoira.
Desta forma, as obras transformarán o local nun novo edificio con salón de usos múltiples, un espazo para albergar unha terraza cuberta e acristalada, balcón, cociña, asadeiro, amplio cuarto de baño de uso convencional e para persoas con problemas de mobilidade e un pequeno almacén.
Tamén terá unha estufa de pellets, a colocación de varias contraxanelas, un armario metálico para unidad exterior de clima, varios tipos de revestimentos e acabados, mobiliario e equipamento de cociña, elementos e accesorios para o cuarto de baño.