Adxudicadas as obras para a mellora da seguridade viaria na contorna do CEIP Carballal

Marín
08 de maio 2024

A execución da obra beneficiará ao viario perimetral do centro educativo, actuando sobre 3.200 metros cuadrados de superficie

Contorna do CEIP Carballal que será obxecto de mellora
Contorna do CEIP Carballal que será obxecto de mellora /

O Concello de Marín confirmou a adxudicación das obras para a mellora da seguridade viaria na contorna do CEIP Carballal.

Trátase dun proxecto de repavimentación e mellora da seguridade da que se encargará, por 53.240 euros, a empresa COVISA (Construcciones y Viales del Salnés).

A execución da obra beneficiará o viario perimetral do centro educativo, actuando sobre 3.200 metros cadrados de superficie no itinerario de acceso ao colexio, estando prevista a reordenación do tráfico rodado e peonil cunha nova distribución de espazos.

Actualmente esta viaria conta cunha calzada en mal estado, desorganización no estacionamento de vehículos e unha zona peonil pouco sinalizada.

Segundo explica o goberno local esta actuación permitirá implementar itinerarios peonís seguros, colocando redutores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúan ao acougado de tráfico na contorna do CEIP Carballal e renovando a sinalización horizontal e vertical. 

O 65% do investimento será sufragada a través do Plan Concellos 2022 e do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, completándose o orzamento con fondos propios do Concello.