A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou de maneira provisional á empresa COVSA o proxecto de reforma da rúa Loureiro Crespo e do barrio do Castañal.
A obra foi adxudicada por 2.113.434 euros.
A portavoz do goberno local do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, reiterou que esta é "a obra urbana máis ambiciosa a nivel económico é unha das obras que máis gañas lle temos porque vai a transformar todo un barrio e toda unha parte da cidade que entendemos que é necesaria".
O proxecto inclúe a execución de seis melloras valoradas aparte.
As melloras son investimentos que poden presentar as empresas pero que están fóra do custe da obra, é dicir, son obras que asumen as propias compañías con fondos propios.
Estas melloras consisten na reurbanización das rúas Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e Praza das Regas.