A Axencia Tributaria acaba de ceder ao Concello de Marín a súa actual sede na avenida de Ourense.
O goberno municipal ten a intención de destinar este edificio, de tres plantas, de 555 metros cadrados situado xunto á casa consistorial, para albergar oficinas municipais.
En concreto trasladaríanse Servizos Sociais e o Arquivo, que actualmente se encontran dispersos pola zona urbana.
Pero antes de dar este paso será necesario que a Autoridade Portuaria ceda a antiga Capitanía Marítima.