Adeus aos plenos no escenario: "Despedímonos do Teatro Principal... esperemos"

Pontevedra
22 de outubro 2024

A partir de novembro os plenos van celebrarse na casa consistorial xa rehabilitada. Nesta sesión plenaria debatiuse sobre o futuro do Hospital Provincial

Último pleno da corporación municipal de Pontevedra no Teatro Principal
Último pleno da corporación municipal de Pontevedra no Teatro Principal /

O pleno do Concello de Pontevedra, celebrado este luns 21 de outubro no Teatro Principal, foi o último que tivo como escenario este espazo.

A partir de novembro, as sesións van realizarse no edificio rehabilitado da casa consistorial situada na Praza de España. 

Os membros da corporación posaron inicialmente nunha foto de grupo sobre as táboas do Principal onde se veñen desenvolvendo os debates municipais desde o 27 de novembro de 1999.

Na sesión deste luns os puntos máis destacados centráronse na moción presentada polo grupo municipal do PP sobre a elaboración dun plan de barrios e parroquias ante o abandono que denuncian en espazos como Monte Porreiro, Mollavao, Entrevías ou A Seca.

Pepa Pardo (PP) lembraba que en Monte Porreiro hai un só barrendeiro para oito mil persoas e preguntaba ao alcalde cando foi a última vez que visitou os barrios e parroquias do municipio.

A moción foi criticada por Iván Puentes, portavoz socialista, sinalando que parecía unha moción "Ana Rosa" ao indicar que na proposta popular non se especificaba nada concreto. 

Pola súa banda, Xaquín Moreda, concelleiro do BNG responsable de Servizos Urbanos, explicaba que se desenvolveron 233 actuacións durante o mes de setembro e que un plan como o que reclama o PP precisa dunha asistencia técnica para avaliar a situación actual das distintas zonas e que, en todo caso, o plan tería que ser a medio prazo.

O punto foi aprobado por unanimidade.

Tamén se aprobaba a creación dunha axenda cultural en liña coas actividades que se desenvolven no rural do municipio, proposta defendida por Carmen Hermo, do Partido Socialista.

Último pleno da corporación municipal de Pontevedra no Teatro Principal
Último pleno da corporación municipal de Pontevedra no Teatro Principal Mónica Patxot

HOSPITAL PROVINCIAL

Un dos puntos centrais do pleno xirou arredor do futuro do Hospital Provincial. A moción presentada polo PSOE provocou un intenso debate entre o portavoz do PP, Rafa Domínguez, e a Iván Puentes. encargado de presentar a proposta.

Os socialistas demandaban un uso sociosanitario para o Hospital Provincial e o cumprimento do plan funcional do novo Hospital Montecelo trasladando algúns dos principais servizos que se manteñen no centro hosptialario situado no centro de Pontevedra.

Puentes reclamaba o traslado prioritario da unidade de Psiquiatría a Montecelo ante a escaseza de recursos que mantén na súa actual ubicación e o incremento de pacientes, principalmente de idade xuvenil.

Iván Puentes (PSOE) argumentou: "se quedan servizos no Provincial é porque vostedes o deciden. Queremos que se cumpra o plan integral pero se non se vai facer así, que é o que di o xerente, que se atenda primeiro ao servizo de Psiquiatría".

Rafa Domínguez (PP) respondeu: "o PP aposta pola sanidade pública e vostedes non o poden ver. Molesta que o PP aposte por un hospital novo",

O portavoz popular insistía en pedir a retirada da moción aos socialistas ao entender que non deben cuestionar decisións técnicas sobre o traslado de servizos sanitarios.

A moción foi aprobada cos votos favorables do PSOE e do BNG mentres o PP votaba en contra.

Tamén foi aprobada por maioría, coa abstención do BNG, unha moción do PP sobre o incremento de financiamento municipal a Cáritas Interparroquial para incrementar o apoio económico ao albergue de San Javier.

Silvia Junco, concelleira popular, demandaba máis apoio sinalando que Cáritas "é a única entidade de acollida de transeúntes na cidade, servindo unha atención que debería corresponder ao Concello".

Anabel Gulías (BNG), responsable da concellería de Benestar Social, matizou: "Nesta cidade hai máis asociacións que Cáritas, e presentan a moción como se só existira ela", lembrando ao PP que existen cargos na directiva de Cáritas pertencentes a esta agrupación política.

Finalmente o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores pechou esta última sesión no escenario dicindo: "Despedímonos do Teatro Principal... esperemos".