O lavadoiro do centro de saúde recuperou o seu bo aspecto. O goberno municipal de Marín ordenou o seu repintado despois de que apareceran pintadas dentro e fóra.
O Concello tratou estes incidentes como un acto de vandalismo, xa que os lavadoiros considéranse patrimonios culturais de Marín.
Tras a pertinente denuncia xudicial, as persoas responsables tiveron que pagar a correspondente multa, parte da cal serviu para restaurar o lavadoiro ao seu estado orixinal.
O goberno municipal condena estes actos, porque supoñen un gasto para o erario público en moitas ocasións e danan o espazo urbano, "sendo aínda máis grave", sosteñen desde a administración, cando esta afectación se dá nun ben patrimonial.