Adeus aos problemas de accesibilidade en coche a Recondo, na Barcia de Seixo

Pontevedra
16 de febreiro 2017

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, inspeccionou a marcha dos traballos, que puideron realizarse grazas ao consenso logrado coa gran maioría dos propietarios das leiras lindeiras que cederon unha pequena parte dos seus terreos para poder proceder á súa ampliación e ensanche  

Jorge Canda visita as obras no camiño de Reconco, na parroquia de Barcia de Seixo
Jorge Canda visita as obras no camiño de Reconco, na parroquia de Barcia de Seixo / Concello de A Lama

Os traballos de ensanche do camiño de Reconco, na parroquia de Barcia de Seixo, no Concello da Lama permitirán mellorar o acceso do tráfico rodado e terminar con situacións como as que pasaban os vehículos de emerxencia que tiñan graves problemas para circular debido ao estreito do viario e ao sinuoso e deteriorado do seu trazado.

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, inspeccionou a marcha dos traballos, que puideron realizarse grazas ao consenso logrado coa gran maioría dos propietarios das leiras lindeiras que cederon unha pequena parte dos seus terreos para poder proceder á súa ampliación e ensanche. 

A obra execútase a través do Plan Concellos e ten un orzamento duns 97.000 euros. Enmárcase nos emprendidos nos últimos tempos no municipio para conseguir unha fluída comunicación entre os distintos núcleos habitados e favorecer que o tráfico poida circular con maior seguridade viaria evitando ter que realizar perigosas manobras de marcha atrás e cesión de paso que, ás veces, resultan moi complicadas de executar.

O  Concello sinala que o acceso estaba practicamente impracticable para o tráfico rodado nalgúns tramos, o que imposibilitaba o acceso normal dos veciños ás súas vivendas e tamén había un grave risco de que os servizos de emerxencias tivesen problemas para socorrer ou intervir ante calquera incidente que puidese producirse en Reconco.