Cambio á fronte de Protección Civil en Pontevedra. Adelaide Lopes Couto é a súa nova presidenta. É a primeira muller en estar ao mando deste corpo de voluntarios.
Lopes Couto, que leva máis de vinte anos na agrupación pontevedresa, afirmou que "nací como voluntaria" e, a pesar das súas novas responsabilidades, "seguiré siendo voluntaria porque me gusta estar en la calle con los míos, no me gusta estar en un despacho".
"Yo prefiero que me vean en la calle porque es lo que siempre he vivido", dixo a recentemente elixida presidenta de Protección Civil.
Coincidindo coa chegada da súa nova responsable, Protección Civil impulsará unha nova campaña de captación de voluntarios e voluntarias que comezará de maneira "inminente", aínda que será máis intensa despois do verán, con visitas a todos os barrios da cidade.
Nestes momentos, Protección Civil conta en Pontevedra con 27 persoas afiliadas.
A súa nova presidenta asegura que "me gustaría que hubiera muchos más", pero considera que a sociedade "no tiene conciencia de lo que es el voluntariado nuestro", lembrando que son persoas "que están dando su tiempo voluntariamente en la calle".
Este corpo está protexido por Academia Galega de Seguridade e cada un dos voluntarios, sinalou Adelaide Lopes Couto, pasou unha formación regrada. "Nadie está en la calle sin tener lo básico para atender a cualquier persona", garantiu.
"Me da mucha pena que la gente no sepa la infraestructura que tenemos", asegurou Lopes Couto, que citou entre outros elementos as embarcacións, as motos ou os vehículos "que debemos al Concello, que nos ha apoyado siempre".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou que a nova presidenta de Protección Civil "é unha muller activa e solidaria", á que calquera persoa pode atopar "en case todos os eventos que se fan na cidade".
"Sei que é unha persoa moi comprometida coa sociedade e que quere achegar todo o que poida para facer unha sociedade máis segura, máis xusta, máis solidaria e máis acolledora", subliñou o rexedor.
Fernández Lores destacou ademais o traballo "fundamental" que realiza este corpo municipal "axudando alí onde se pode dun xeito altruísta", tanto en eventos deportivos, sociais ou culturais, en emerxencias de todo tipo ou en apoio aos peregrinos do Camiño de Santiago.
Defendeu que a "boa sintonía" que teñen con Policía Local e Bombeiros "é vital" para a cidade e avanzou que o Concello continuará apoiándolles economicamente para que estes voluntarios conten coa dotación adecuada para desempeñar o seu labor.