ADEGA presentará, grazas a doazóns cidadás, un recurso no TSXG contra o proxecto eólico Touriñán III-2

Umia
09 de setembro 2023

A campaña, que desenvolveu a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza contou co apoio de Alarma, Rapa das Bestas e Colectivo do Vento, lograba os fondos necesarios para presentar o recurso contencioso-administrativo contra Greenalia no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para paralizar este proxecto que afecta a Campo Lameiro, Cuntis e A Estrada

Aeroxeradores dun parque eólico
Aeroxeradores dun parque eólico / tom00la

A asociación ecoloxista ADEGA logrou os fondos para presentar un recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coa intención de paralizar o proxecto eólico Touriñán III-2, de Greenalia

O colectivo solicitará a detención cautelar deste proxecto industrial que afecta os municipios de Campo Lameiro, Cuntis e A Estrada.

A campaña de recadación de fondos a través de micromecenado 'Ti Podes Paralos' logrou 7.300 euros, cantidade necesaria para acometer este procedemento, grazas a doazóns cidadás.

Entidades locais como a plataforma Amil Sen Eólicos, a asociación Lobo colaboraron nesta recadación dentro dunha campaña tamén apoiada por Rapa das Bestas. 

O Colectivo do Vento de Campo Lameiro denuncia, pola súa banda, que este proxecto que, segundo ADEGA, afectará ás traídas veciñais e hábitats prioritarios, non é o único proxecto que afectará á zona. Alertan de que Campo Lameiro vai verse ameazado por oito proxectos de polígonos eólicos. Para sensibilizar á veciñanza, esta agrupación solicitou unha charla o 6 de outubro do Observatorio Eólico de Galicia, que levará a cabo no Auditorio municipal.

Arquivado en