Adega acusa á Xunta de dar "carta branca a ENCE" desregulando as plantas de biomasa

Pontevedra
10 de decembro 2016

A Xunta tramita a derrogación do decreto que regulaba o sector co propósito de liberar a potencia das centrais de biomasa. O cambio foi recollido con satisfacción pola Asociación de Empresas de Enerxías Renovables (APPA) e con preocupación por colectivos ecoloxistas como Adega

Bosque de eucaliptos
Bosque de eucaliptos / Mónica Patxot

A Xunta tramita a derrogación do decreto que regulaba o sector co propósito de liberar a potencia das centrais de biomasa.

O cambio foi recollido con satisfacción pola Asociación de Empresas de Enerxías Renovables (APPA) e con preocupación por colectivos ecoloxistas como Adega que acusa o goberno galego de "dar carta branca a Ence para encher Galicia de cultivos enerxéticos" e traer unha nova "onda recauliptizadora".

A asociación incide en que o decreto que a queima de biomasa en pequenas plantas fora un complemento á explotación do monte e non un fin en si mesmo.

Adega alerta de que a partir de agora a patronal enerxética poderá promover plantas que precisarán inxentes cantidades de biomasa que queimar e que se valerán para iso de cultivos enerxéticos como o eucaliptus nitens. Din que a presión destes cultivos sobre os ecosistemas será "brutal" e supoñerá un empobrecimiento da biodiversidade e do chan e perda de terras agrícolas produtivas.