O Concello de Campo Lameiro verá mellorada a cobertura da rede 5G.
Así o asegurou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, tras manter un encontro institucional co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa.
O representante do executivo central informou do impacto da última convocatoria das axudas estatais do Plan ÚNICO 5G Activas, que vai facer posible a modernización tecnolóxica de catro torres de telefonía móbil do municipio coa instalación de módulos 5G.
Incrementarase desta forma a cobertura e tamén o ancho de banda dispoñible para os veciños.
Vanse a adaptar en concreto as antenas de Mullerboa-Fontenla, San Isidro-Fornelos, Couso-Padín e a situada ao norte do centro urbano, cerca do colexio.

Losada adiantou ao alcalde que coa última convocatoria do Plan ÚNICO-Banda Ancha, Campo Lameiro poderá conectar outras 16 vivendas. Todos eses enganches deben estar realizados pola empresa adxudicataria (Avatel) antes de 31 de decembro deste ano.
No encontro a Subdelegación do Goberno planteou tamén a Campo Lameiro a posibilidade de adherirse ao convenio a Administración do Estado que posibilita que persoal de servizos estatais desprácese ao municipio para a realización de trámites administrativos.
Este programa, dirixido a municipios de menos de 8.000 habitantes, forma parte das actuacións estatais para combater a perda de poboación no rural.