AcuaNorte e o Concello de Marín están traballando coordinadamente na proposta dun novo trazado do proxecto do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría para os tramos que discorren polo municipio. Todo iso despois de que o goberno municipal solicitase a modificación do trazado que discorre polo seu término municipal o mesmo día que comezou a información pública do proxecto.
Técnicos de AcuaNorte reuníronse coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, para determinar os criterios que debe contemplar o trazado da futura infraestructura e adaptalo ao novo PXOM.
A base dos cambios solicitados ten como obxecto evitar, ao máximo posible, a afección a bens particulares, con independencia da natureza urbanística destes. A tal fin, o Concello propón que as tubaxes proxéctense aproveitando o trazado dos viais de servizo da vía rápida (VG-4.4), así como outras estradas autonómicas, provinciais e locais.
A definición das posibles alternativas terá en conta tanto os aspectos técnicos da infraestructura, a súa validez funcional, o seu funcionamento hidráulico e a súa durabilidade, como as afeccións sobre os cidadáns, bens e dereitos, dado que non existe un único criterio para decidir o trazado dunha condución destas características.
O proxecto do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría suporá para Marín garantir o fornezo de auga en condicións de calidade e cantidade. Actualmente, nos momentos de maior consumo, moi especialmente ao longo dos meses de verán, cando a demanda aumenta, as perdas de presión do actual sistema acaban derivando en que o caudal abastecido nos puntos de consumo máis occidentais do Concello de Marín, non sexa suficiente.
As obras do novo abastecemento suporán un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, permitindo unha xestión máis racional do sistema municipal de abastecemento de auga. Para rematar, o novo sistema de telexestión, incluído no proxecto, supoñá unha modernización radical do modelo de explotación actual, permitindo un coñecemento en tempo real dos parámetros de control da rede, e a toma de decisións intelixentes para a optimización do subministro de auga potable.