Actos de celebración e tamén de reivindicación para conmemorar o 8M en Moraña

Umia
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

"Aínda que é fundamental traballar na construción e consecución da igualdade todos os días do ano, non podemos deixar pasar esta data simbólica e autoesixirnos todo o que queda por facer en materia de igualdade, xa que a visibilización tamén é algo fundamental nesta materia", sinalou o alcalde Sito Gómez

Exposición 'Mulleres pioneiras galegas' na Casa da Cultura de Moraña
Exposición 'Mulleres pioneiras galegas' na Casa da Cultura de Moraña

O Concello de Moraña previu convocatorias reivindicativas e de carácter máis lúdico para conmemorar este venres o Día Internacional da Muller.

"Aínda que é fundamental traballar na construción e consecución da igualdade todos os días do ano, non podemos deixar pasar esta data simbólica e autoesixirnos todo o que queda por facer en materia de igualdade, xa que a visibilización tamén é algo fundamental nesta materia", sinalou o alcalde Sito Gómez.

Unha das iniciativas é a exposición 'Mulleres pioneiras galegas' aberta na Casa da Cultura. Na mostra pódense ver a través de paneis, o labor de mulleres galegas que foron referentes nas súas profesións. Para favorecer a máxima participación, os actos do 8M desenvolveranse principalmente durante a xornada do sábado 9.

Así, ás 20.00 horas comezará a gimcana da muller con xogos cooperativos sobre igualdade. Ás 22.00 horas no Edificio Multisusos de Santa Lucía será a cea de confraternidade a cuxo inicio se lerá un manifesto institucional. Xa se inscribiron preto de cen persoas e aínda están abertas as inscricións durante este xoves.

O programa complétase cun fin de festa no que haberá actuación musical cunha DJ.

Arquivado en