O Comité de Seguimento da Deputación de Pontevedra fronte ao COVID19, reuniuse este sábado con carácter de urxencia para avaliar novas decisións ante o novo Decreto de Estado de Alarma que o Goberno do Estado xa está a aplicar.
Coa presidenta provincial, Carmela Silva, ao fronte o Comité xa decidiu a primeira medida que se implantará na institución provincial como norma xeral: a actividade nas dependencias da Deputación de Pontevedra será non presencial, a excepción dos servizos esenciais.
Amais, ao obxecto de protexer ao persoal e cidadanía se suspenderá por completo a atención presencial ao público en todas as dependencias provinciais, e todas as consultas deberán ser telefónicas ou telemáticas. A atención presencial so se regulará en casos de urxencias e sempre se tramitarán con cita previa.
O Comité de Seguimento está convocado de novo para este domingo no Pazo Provincial de Pontevedra a fin de tomar novas decisións unha vez se coñezan todos os detalles do Decreto do Goberno, que se especificarán nunha nova resolución presidencial que será de aplicación a partir do luns.