Activan un plan contra o consumo de drogas entre os mozos do lecer nocturno

Sanxenxo
07 de abril 2023

A empresa Marexada en coordinación coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo pon en marcha la actividade preventiva #Aquexogas?, dirixida a mocidade no contexto do ocio nocturno.

Un mozo fumando un porro
Un mozo fumando un porro / Cannabis Culture

A empresa Marexada en coordinación coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo pon en marcha unha actividade preventiva #Aquexogas?, dirixida a mocidade no contexto do ocio nocturno.

A actividade desenvólvese este venres e o sábado 8 de abril coincidindo coas datas de Semana Santa e a intervención se realizará entre as dez da noite e as dúas da madrugada, para poder achegar a información a un amplo número de xente nova.

"#Aquexogas" é un programa da Consellería de Sanidade que consiste en ofrecer un punto de información á mocidade incidindo sobre a prevención de condutas adictivas no lecer nocturno. Na intervención realizaranse diferentes dinámicas en torno a 2 eixes fundamentais, que teñen como finalidade a de evitar e reducir o inicio e a consolidación do consumo de substancias psicoactivas e o impacto das consecuencias e problemáticas que este consumo produce na poboación xuvenil.

"Ola, propóñoche un reto!" é unha das actividades previstas e contémplase como un primeiro contacto cos participantes, aos cales se lles proporá un xogo de preguntas tipo Trivial. Outra das actividades é "Antes de consumir, asegúrate do que non sabes", coa finalidade de verificar información sobre o consumo de substancias psicoactivas e desterrar falsos mitos acerca do mesmo, proponse como dinámica un xogo de preguntas empregando a plataforma Kahoot.

A maiores, ao longo da intervención, realizaranse enquisas anónimas para recabar datos estadísticos sobre o consumo de substancias entre a mocidade galega, distribución de flyers con información sobre diferentes
drogas (procedencia, consecuencias, mitos...) e distribución de merchandising cos logotipos do programa (camisetas, pulseiras, chapas...).

As accións realizaránse de maneira itinerante facendo unha ruta por distintas zonas de marcha.