Acordo telefónico entre Feijóo e Lores para desbloquear a variante de Alba

Pontevedra
14 de decembro 2019

Tras unha longa conversación, ambos os dirixentes decidiron retomar o proxecto no punto anterior á polémica e Feijóo deu orde á Consellería de Infraestruturas para que se poña en contacto co Concello e trate de chegar a acordos sobre o trazado actual da variante 

Xuntanza en Pontevedra entre Miguel Anxo Fernández Lores e Alberto Núñez Feijóo
Xuntanza en Pontevedra entre Miguel Anxo Fernández Lores e Alberto Núñez Feijóo / Cristina Saiz

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, finalmente respondeu na tarde deste venres aos reiterados intentos do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para que ambos falasen sobre a obra da Variante de Alba, que a Xunta decidiu paralizar mentres buscaba un trazado alternativo, decisión que fixo pública o portavoz local do PP, Rafa Domínguez. Finalmente, foi o mandatario autonómico o que xa chamou ao rexedor pontevedrés e, tras unha longa conversación, desbloqueouse a situación. 

Segundo a información difundida polo  Concello de Pontevedra, ambos os dirixentes decidiron retomar o proxecto no punto anterior á polémica e Feijóo deu orde á  Conselleríad e Infraestruturas para que se poña en contacto co  Concello sobre este tema. 

As ordes de Feijóo a Infraestruturas son que se trate de chegar a acordos sobre o trazado actual da variante.

Esta chamada do presidente da Xunta produciuse tras unha queixa pública de Lores sobre a suposta paralización do proxecto e sobre os intentos errados de contactar con Feijóo. O alcalde compareceu este venres en rolda de prensa e mostrouse "profundamente sorprendido, decepcionado e traizoado" pola Xunta e polo propio Feijóo, pois existía un compromiso entre ambos os políticos para facer este proxecto.  

Arquivado en