Acondicionan a estrada de Rebordelo en Cotobade

Cerdedo-Cotobade
25 de novembro 2014

O Concello está realizando a segunda campaña de roza e acondicionamento das principais pistas e camiños que se realiza durante este ano

Traballos de roza en Cotobade
Traballos de roza en Cotobade / Concello de Cotobade

O Concello de Cotobade está a desenvolver durante esta semana a segunda campaña de roza e acondicionamento das principais pistas e camiños que se realiza durante este ano.

Nos traballos operan dous tractores, un camión pluma e dúas brigadas de operarios. Durante esta semana continúan os traballos na estrada que vai dende Pozo Negro a Carballedo, de 2,5 quilómetros.

Xa se repasaron as estradas que van de San Xurxo ao cemiterio e a Fentáns, o vial de Sacos a Trabazo; de Loureiro a Vilalén e Insuela; de Rocha a Parada de Mullereiro; de Viascón a Carballedo; de Vilanova a Mullereiro e Borela xa está desbrozada coa maquinaria a falta de que se realice un repaso manual.