Acode a denunciar un roubo e, na Comisaría, recibe unha alerta dun segundo asalto e sorprenden aos ladróns 'in fraganti'

Marín
27 de marzo 2023

Ao día seguinte do primeiro roubo, o propietario afectado acudiu a denunciar á Comisaría de Marín e, estando alí, recibiu unha alerta de intrusión na súa vivenda. Os axentes mobilizáronse de maneira inmediata e sorprenderon a dous mozos encapuchados vestindo roupa escura. O día anterior habían acudido cun cómplice, tamén detido

Ferramentas intervidas aos ladróns
Ferramentas intervidas aos ladróns / Policía Nacional de Pontevedra

Unha alarma que saltou no momento oportuno permitiu á Policía Nacional resolver dous roubos cometidos nun complexo residencial de Marín. Ao día seguinte do primeiro roubo, o propietario afectado acudiu a denunciar e, cando estaba na Comisaría, recibiu unha alerta de intrusión na súa vivenda. Os axentes mobilizáronse de maneira inmediata e sorprenderon aos ladróns.

Segundo a información facilitada pola Policía Nacional, varias patrullas acudiron con grande celeridade e detiveron no interior da propiedade dous mozos encapuchados vestindo roupa escura.

Os axentes interviñeron aos detidos diversas ferramentas e unha pistola simulada de fulminantes con aparencia real.

A Policía Nacional detívoos como presuntos responsables un delito continuado de roubo con forza.

Ambos os roubos ocorreron nunha extensa propiedade dunha zona residencial de Marín, o primeiro na tarde do sábado 20 de marzo e o segundo, ao día seguinte.

O 20 de marzo, estes mesmos individuos actuaron en compañía dunha terceira persoa e subtraeron unha bicicleta de alta gama do interior dun dos garaxes da vivenda.

A Policía Nacional abriu unha investigación e chamou ao propietario á Comisaría de Marín para concretar a denuncia. Nese momento, salgou a alarma.

Os investigadores continuaron realizando xestións e  lograron recuperar a bicicleta que fora subtraída o día anterior e tamén identificar e deter á terceira persoa que acompañaba aos dous detidos o primeiro día.

O Xulgado de Instrución número 2 de Marín, en funcións de garda aquel día, encárgase das dilixencias.