O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía informou do achado en Punta Preguntoiro do corpo sen vida de María Teresa Lago Martínez, a muller de 63 anos desaparecida desde o mediodía deste martes cando saíu de casa a buscar á súa neta ao colexio.
A familia de Maite presentou denuncia e solicitou axuda para dar con ela.
A Policía Local, a Policía Nacional e o Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía iniciaron a procura desta muller.
A asociación SOS Desaparecidos difundiu un cartel coa imaxe de Maite ofrecendo dous números de teléfono para recibir información sobre calquera pista sobre o seu paradoiro.
Por agora descoñécese a causa do seu falecemento.