Dúas persoas resultaron feridas este martes como consecuencia dun accidente de tráfico.
Segundo informou o Concello de Pontevedra, os dous condutores foron trasladados a un centro sanitario con feridas leves.
O suceso tivo lugar minutos antes do cinco da tarde deste martes na estrada N-550, ao seu paso pola Ferreira na parroquia de Lérez.
O accidente consistiu nunha colisión frontal entre ambos os vehículos.
Foron mobilizados os bombeiros polo 112 e o tráfico permaneceu cortado por axentes da Garda Civil mentres interviñeron os servizos de emerxencias e ata que se completou a retirada dos coches e a limpeza da vía.