Accidente laboral no polígono de O Vao

Pontevedra
13 de outubro 2012

Un traballador dun taller de pneumáticos do polígono industrial do Vao resultou ferido ao destalonarse a roda coa que estaba a traballar.

Un traballador do taller de reparación de pneumáticos Fide situado no polígono industrial do Vao resultou ferido ao destalonarse unha roda que estaba a manipular. A onda expansiva que se provocou afectou o operario.

O suceso producíuse ás 11:15 da mañá. Foi alertado o 112 e ata a zona achegouse unha patrulla da Policía Local e Urxencias médicas.

Segundo datos confirmados por representantes de Neumáticos Fide, o traballador está a recuperarse nun centro hospitalario de Pontevedra. Atópase consciente e os danos son de carácter leve.