Os servizos de emerxencia tiveron que despregarse a última hora do martes no centro de Pontevedra debido a un accidente de circulación no que se viron implicados un coche e un patinete.
O suceso tivo lugar nunha das rotondas da rúa Eduardo Pondal, a situada na confluencia con 12 de Novembro.
Ao lugar acudiron patrullas da Policía Local e Nacional e tamén unha ambulancia do 061 para atender o usuario do patinete
Ao producirse o accidente ao redor das 22.30 horas da noite, a súa influencia no tráfico rodado foi mínima.