Abre o prazo para optar a 300 nichos nos cemiterios de San Amaro, Ponte Sampaio e Lourizán

Pontevedra
31 de agosto 2024

A partir do 1 de setembro estará operativa a solicitude de concesións para 200 nichos no camposanto de San Amaro, 64 no de Ponte Sampaio e 36 en Lourizán

Cemiterio de San Amaro
Cemiterio de San Amaro / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra sacará a concesión 300 nichos en tres cemiterios municipais. 

A partir do 1 de setembro estará operativa a solicitude de concesións para 200 nichos no camposanto de San Amaro, 64 no de Ponte Sampaio e 36 en Lourizán.

A concesión dos nichos será por un prazo máximo de 75 anos, improrrogables. 

Ademais está prohibida a transmisión destas concesións entre persoas vivas e só será posible transmitirse a favor de herdeiros en caso de falecemento do titular.

Segundo consta nas bases que rexerán a oferta, os nichos estarán suxeitos ao pago de taxas que no caso de San Amaro van desde 1.303 a 1.552 euros, segundo a súa localización. En Ponte Sampaio, entre 1.256 e 1.316 euros. E en Lourizán as taxas están entre 448 e 537 euros. 

No ano 2016 tivo lugar a última concesión de nichos e columbarios nos cemiterios municipais.