Este xoves día 16 de xuño o Centro de Interpretacion dos Petróglifos de Mogor abrirá de maneira continuada durante os meses de verán, en horario de 11:30 a 13:30 horas polas mañás e de 18:00 a 21:00 horas polas tardes.
Nese horario ofertaranse dúas visitas guiadas, unha pola mañá ás 12:30 horas e outra pola tarde ás 20 horas.
Tamén todos os venres dos meses de xullo, agosto e setembro, de 22 a 23 horas realizarase unha visita guiada nocturna.
Aínda que o centro ata agora non estaba aberto de maneira continuada, si tiña actividade previa cita, para os grupos que o solicitaban. De feito, desde finais de marzo ata a data, rexistráronse 17 visitas de centros de ensino, en grupos entre 40 e 60, que sumaron preto de 900 visitantes.