Abraldes solicita á Xunta que inclúa nos orzamentos as melloras de seguridade da PO-531

Barro
26 de outubro 2022

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilididade que modifique os orzamentos e inclúa una partida específica para as obras de mellora da seguridade e a urbanización da PO-531 en Barro, incluíndo o treito vello ao seu paso polo lugar de Outeda

José Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro
José Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro / Concello de Barro

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilididade que modifique os orzamentos e inclúa una partida específica para as obras de mellora da seguridade e a urbanización da PO-531 en Barro, incluíndo o treito vello ao seu paso polo lugar de Outeda.

Abraldes considera un "agravio á veciñanza de Barro" que a Xunta de Galicia "falte unha vez máis ao seu compromiso" ao non incluír nos orzamentos para o 2023 esta urbanización.

"Nestes orzamentos nin sequera inclúen o proxecto de construcción dunha rotonda no cruzamento coa vía provincial do San Amaro e o cruzamento soterrado de Bretoña", lembra o alcalde respecto deste proxecto xa anunciado pola Xunta no 2019 e que aseguraron que estaría executado no ano 2020.

"A deixadez da Consellería de Infraestruturas e a súa falta de palabra non é aceptable e non pode máis que calificarse de falta de respecto á veciñanza de Barro e ao conxunto da corporación municipal", afirma o rexidor.

Fernández Abraldes, agarda "que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, recapacite e inclúa nos orzamentos para 2023 os fondos necesarios para cumprir o seu compromiso co Concello de Barro e solucionar dunha vez por todas os graves problemas de seguridade que se dan na PO-531 ao seu paso por Barro".