O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou este martes que desde o inicio de ano está aberto o prazo para solicitar no departamento municipal de Tesourería a bonificación do 40% do IBI que o Concello ten habilitado para as familias numerosas.
Esta bonificación, que se aplica sobre a cota íntegra, forma parte da política fiscal do goberno local desde o ano 2020, cando se aprobou un Plan de Axuste no que se incorporou esta medida para facilitar o pago de tributos.
No 2024, tramitáronse 82 solicitudes.
Agora, as familias interesadas poderán solicitar a bonificación ata o 30 de abril, presentando o título acreditativo da súa situación de familia numerosa vixente no exercicio actual e a referencia do inmoble sobre o que se aplicará a redución do 40% no pago do IBI.