Desde este martes 1 de agosto pola tarde permanece aberto parcialmente o aparcamento das Lagoas. Poderán estacionar ata un total de 30 vehículos neste espazo.
O acceso deberá realizarse desde a glorieta, na parte superior do recinto. Manterase nesta mesma situación durante a próxima fin de semana.
Unha vez que finalice o Festival Sorrías Baixas, o aparcamento abrirase na súa totalidade.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, explica que o Concello leva anos tentando conseguir novas parcelas para crear áreas de aparcamento. Lembra que actualmente existen máis de 500 prazas de estacionamento entre os diversos aparcamentos disuasorios en zonas urbanas e periurbanas.
O Concello, indica o alcalde, consciente da necesidade de contar con máis espazos durante esta tempada de verán, logrou que a empresa contratista manteña o estacionamento no solar situado nas proximidades do parque infantil das Lagoas ata despois do período estival.