Aberto o prazo para as escolas deportivas da Deputación

Pontevedra
01 de outubro 2023

En total ofértanse ata preto de 1.000 prazas para que nenas e nenos de 25 concellos da provincia poidan practicar atletismo, baloncesto, judo, loita, rubgy e taekwondo a través de 63 escolas

Escolas deportivas de Marín
Escolas deportivas de Marín / Concello de Marín

A Deputación de Pontevedra ten xa aberto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas interesadas nas súas escolas deportivas.

En total, a institución provincial en colaboración coas Federacións Galegas das distintas disciplinas oferta 63 escolas con ata preto 1.000 prazas para que nenas e nenos de 25 concellos da provincia poidan practicar atletismo, baloncesto, judo, loita, rugby e taekwondo.  

As escolas deportivas comezarán na semana do 16 de outubro e o formulario para inscribirse atópase en DEPOrte Escolas - Deputación de Pontevedra.

A modalidade que concentra un maior número de escolas é a de judo, con 26 en 10 concellos.

A segunda modalidade deportiva que concentra un maior número de escolas é a de loita, con 17 en 10 concellos.

De atletismo ofértanse un total de sete escolas deportivas en cinco concellos. 

Na modalidade de baloncesto serán seis as escolas deportivas da Deputación e desenvolveranse noutros seis concellos.

No que respecta ao taekwondo tamén se ofertan seis escolas deportivas, neste caso en catro concellos. 

As escolas deportivas da Deputación de Pontevedra tamén ofertan unha de rubgy que terá lugar no CUVI (Lagoas-Marcosende, Vigo).

A Deputación de Pontevedra tamén porá en marcha escolas deportivas de piragüismo, aínda que, neste caso, comezarán en marzo e o formulario habilitarase o vindeiro ano.