Aberto o prazo de inscrición no servizo "Concilia A Lama 2024"

Cerdedo-Cotobade
14 de maio 2024

Este programa vai dirixido a nenos de 3 a 16 anos empadroados no concello ou que algún dos seus pais traballe no termo municipial da Lama. 

Ludoteca "Concilia A Lama"
Ludoteca "Concilia A Lama" / Concello da Lama

O Concello da Lama mantén aberto o prazo de inscrición no servizo "Concilia A Lama 2024" ata o vindeiro martes día 28 de maio. Esta iniciativa ten como finalidade ofrecer apoio ás familias do municipio para que poidan conciliar a vida persoal, familiar e profesional favorecendo a corresponsabilidade. O proceso de inscrición farase nas dependencias municipais ou a través da sede electrónica do Concello.

Este programa vai dirixido a nenos de 3 a 16 anos empadroados no concello ou que algún dos seus pais traballe no termo municipial da Lama. 

As actividades do "Concilia A Lama 2024" realizaranse en distintos espazos municipais como o Multiusos, o parque infantil da Alameda, etc. entre o 24 de xuño ao 10 de setembro e do 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro do 2025 en horario normal de 9 a 14 horas e ampliado de 8:30 a 14:30 horas, en ámbolos dous casos de luns a venres.

Para poñer en marcha este servizo o Concello estipula un mínimo de 7 nenos anotados e un máximo de 15. No caso de superar este número de solicitudes, os beneficarios terán que someterse a un proceso de baremación en función das bases que figura no taboleiro e na sede electrónica do Concello da Lama.