Unha vez publicado esta semana o decreto da alcaldía coas normas para que se celebren este ano as fogueiras propias da festa popular de San Xoán 2022, as persoas interesadas na súa organización terán ata o venres 17 de xuño ás 13.00 horas a posibilidade de presentar a solicitude.
Poderán remitir a solicidu a través da web do Concello de Pontevedra ou de maneira presencial no Rexistro do Concello, na planta baixa de Michelena 30, coa entrega do modelo 906.
As normas establecidas neste 2022 indican que as fogueiras deberán atoparse a unha distancia dun mínimo de 15 metros das edificacións e das árbores. O diámetro máximo da zona de combustión será de catro metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. As persoas asistentes non poderán concentrarse a unha distancia inferior á do ancho da fogueira respecto ao perímetro exterior.
Os materiais para a combustión consistirán en leña, ramas de árbore, troncos e vellos materiais de madeira. Estarán prohibidos outros materiais, en especial, nos pneumáticos, plásticos, latas, materiais con PVC, botellas e outros elementos similares. Tampouco se poderán queimar aerosois, aceites ou líquidos compustibles e substancias explosivas. Desde o Concello lembran que un bote de aerosol, mesmo baleiro, podo provocar unha explosión. Se prohiben tamén as fogueiras situadas baixo tendidos eléctricos, telefónicos e cableado en xeral.
Tamén se prohibe a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes.
Aquelas persoas que soliciten a realización deberán acatar as instrucións que establezan os axentes dos corpos da Policía Local ou do Parque de Bombeiros. Os organizadores deberán coñecer o teléfono do Servizo Municipal de Extinción de Incendios (080), Policía Local (092) e Protección Civil (986.871.188).
Ademais, manteranse vixentes durante esa noite do 23 de xuño as normas sanitarias de obrigado cumprimento que establezan as autoridades sanitarias para esa xornada con distanciamento interpersoal, uso de máscaras, capacidade máxima, medidas de hixiene e as de control pola persoa organizadora para evitar aglomeracións, ademais doutras similares que se establezan para previr riscos de contaxios entre as persoas asistentes.