A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou as bases para cubrir nove prazas no persoal da Policía Local. Destas, tres serán de oposición libre para o posto de axente, outras tres son de oficial (dous de promoción interna e outra de mobilidade para axentes doutros municipios), dous de inspector e un de intendente.
Xa transcorreron máis de cinco anos despois de que se aprobase a última oferta de emprego público no Concello de Pontevedra.
Xunto ás da Policía Local, ao longo dos próximos meses iranse convocando sucesivamente todos os concursos para cubrir ata 36 prazas vacantes no organigrama da administración municipal. Aínda que gran parte son de promoción interna, para ascensos entre os actuais funcionarios, tamén figuran polo menos doce prazas de oposición libre, abertas a calquera interesado.
Entre estas prazas de oposición libre, ademais das tres mencionadas na Policía Local haberá outras dúas en Bombeiros, dúas prazas de administrativo, dous de auxiliar administrativo e tres de subalterno.