No tramo final da carreira cara as eleccións do 12 de xullo, os socialistas contaron cun reforzo de altura. Á espera de recibir a Pedro Sánchez, que pechará a campaña en Vigo, foi o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, o que viaxou ata Pontevedra.
Nun acto de carácter festivo que o PSdeG-PSOE celebrou ao carón da praza de abastos, Ábalos reclamou o apoio aos socialistas galegos como respaldo das políticas "que ponen en valor lo público y que tienen como prioridad a los ciudadanos".
Fronte a isto, engadiu o ministro socialista, está un Alberto Núñez Feijóo que, ao seu xuízo, está a utilizar a presidencia da Xunta "como trinchera" ante o goberno central.
Ábalos sinalou que Núñez Feijóo emprega Galicia "como una parada, un apeadero, un tiempo de espera para alcanzar el liderazgo del PP" e cualificou de "pose" o feito de que "esconda las siglas" do seu partido porque "siempre está donde está la derecha".
"No es el momento de prórrogas", explicou o ministro de Transportes, en referencia á entrevista de Feijóo na que avanzou que só gobernaría catro anos máis. "Es el momento de proyectos con impulso y con ambición que estén centrados en Galicia", ha añadido.
A ese respecto, Ábalos reclamou "lealtad y compromiso" para que Galicia tamén saia da crise apostando polos servizos públicos ao tempo que se manteña "con responsabilidad y solidaridad" a solvencia das empresas.
"La única fuerza política que puede representarlo es el PSOE y el único que puede representarlo en Galicia es Gonzalo Caballero", engadiu José Luis Ábalos, , que pediu aos galegos que "se ahorren" o voto ao PP "para no seguir cuatro años como hasta ahora"
CABALLERO APELA AO "VOTO ÚTIL" POLO CAMBIO
Pola súa banda, o candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, reiterou que Galicia "merece un cambio" tras os once anos "de agonía" que deixa o goberno de Núñez Feijóo e insistiu en que "o único cambio con garantías" é o que lideran os socialistas.
"O único voto que representa a forza do cambio é ao PSOE", sinalou Caballero na súa intervención en Pontevedra, na que apelou ao "voto útil" para mudar o futuro de Galicia.
O candidato socialista destacou que "temos forzas, ganas, ilusión e estamos preparados para gobernar" e agarda que os galegos confíen nel para lograr unha vitoria "contundente" nas eleccións do domingo "que retire a un presidente desfasado" que ten un proxecto "esgotado".
De aí que Caballero chamara á mobilización do voto "de progreso" e dos galegos que queren "que Galicia avance", apoiando a "marca orixinal" que defende a sanidade e a educación pública e a opción de saír da crise "con máis estado do benestar" e cunha nova política económica e industrial que xere emprego de calidade "para que ninguén quede atrás".