Os 15 traballadores dos cines de Vialia sumaranse ás listas do paro nos próximos días. A empresa que ata hai uns meses xestionaba as salas cinematográficas da cidade negociou co sindicato Comisións Obreiras a posta en marcha dun ERE extintivo antes de que finalice o actual ERE por suspensión temporal de contratos no que está inmers a plantilla nestes momentos con data de finalización prevista para o 13 de decembro.
Segundo explica José Luis García Pedrosa, secretario comarcal de CC.OO.,la situación de Ábaco Cines que se encontra en concurso para liquidación axudou a que a empresa decida presentar ese ERE no xulgado de Mercantil en Valencia. Desta forma pódense cumprir os prazos para que o ERE de extinción faga efecto a partir do 14 de decembro.
En relación coas indemnizacións que recibirán os traballadores, García Pedrosa sinala que ao non haber atrasos nas nóminas, agora será Ábaco ou directamente o FOGASA quen faga efectivo o pagamento da indemnización por despedimento.
O representante sindical sinalou que xestores de Galicine, responsables agora dos novos cines de Vialia, non se volveron poñer en contacto cos traballadores e recoñeceu que "non hai posibilidades de que traballen nos novos cines".
García Pedrosa lamentou que por parte do Ministerio de Ana Pastor a través do ADIF non se tivese intentado salvar estes postos de traballo: "O que sucede é que a actuación dos responsables políticos e do PP en particular nos concursos é impresentable. Se dán situacións todos os días nas que se abríu a moda de que nos concursos da Administración pública, onde antes había anexo de persoal para ser subrogado, agora non o hai. No prego de condicións sae cuantía económica polo coste do servizo e a partir de aí a empresa entrante non está obrigada a facerse cargo do persoal e iso provoca estes despidos".
Segundo entenden os traballadores, neste caso, se se tivese querido poderíase ter recollido a subrogación do persoal nas condicións da adxudicación das salas á nova empresa. O cadro de persoal manterá unha asemblea o luns nos locais sindicais para coñecer con detalle as condicións dese ERE extintivo.