O Centro comercial urbano (CCU) Zona Monumental vai levar a cabo distintas actividades de Nadal, para seguir dinamizando o centro histórico da cidade.
Outro ano mais, e xa van 19, volve a Feira de artesanía e agasallo na praza do Teucro. PonteNadal abrirá as súas portas o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21:30 horas, os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a feira permanecerá pechada todo o día.
Mentras tanto as rúas e prazas do casco vello xa están iluminadas cos adornos propios destas datas. Esta decoración corre a cargo dos membros desta asociación de comerciantes que tamén ten á venda Lotaría de Nadal.
O CCU tamén organiza unha edición especial de "Ponte Baile no Nadal", será no Mercado o sábado 21, de 18 a 19.30 horas a cargo do campión de España de Baile deportivo, Adrián Esperón, que fará unha exhibición de baile, así coma unha clase na primeira planta da Praza de Abastos, na que poderán participar tanto nenos como adultos de forma totalmente gratuíta.
Ademáis o domingo 22, na Praza de Méndez Núñez, o Centro Comercial Urbano vai levar a cabo un concerto solidario, no cal se recollerá leite para Rede Axuda. Será de 16.30 a 22 horas.
Contarán tamén coa visita de Papá Noel que paseará polas rúas da zona vella repartindo caramelos. A súa visita será o día 24 de decembro en horario de 11:30 a 13:30 horas. E do día 5 de xaneiro no Pazo de Mugartegui a partir das 11 horas será a recepción Reis Magos. O CCU tamén contará cunha carroza na cabalgata.
Para o remate das festas do Nadal xa empezaron a organizar a feira de oportunidades, "Stock Pontevedra" na que os comerciantes expoñen o seu stock con importantes descontos. Terá lugar os días 7, 8 e 9 de febreiro de 2020 no Recinto Feiral.