A XXIII Feira do Mel desembarca na Rúa Serra do 10 ao 18 de agosto

Pontevedra
07 de agosto 2013

Participarán seis apicultores, tres menos que noutras edicións, ofertando distintos tipos de mel e produtos como o pole, xelea real ou cosméticos

A Rúa Serra acollerá, dende o día 10 de agosto e ata o 18, a XXIII edición da Feira do Mel.

Nesta ocasión serán seis os apicultores participantes, tres menos que en anos anteriores, que ofertarán diferentes tipos de mel e produtos como o pole, a xelea real ou cosmésticos.

Os postos estarán abertos durantes todos eses días en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas, incluíndo no seu programa obradoiros de extracción de mel.

Na presentación da Feira a concelleira de Festas, Carme da Silva, resaltou a importancia deste evento para promover o produto e dinamizar ademais a parte máis baixa do centro histórico, onde se concentra menos actividade.

Arquivado en