A Xunta xustifica o peche do aparcamento no porto de Combarro na dificultade das obras do novo emisario submarino

Poio
30 de xuño 2022

Según a Consellería do Mar, as operacións deben realizarse nas mellores condicións meteorolóxicas e con boas condicións de estabilidade e frotabilidade evitando que as ondadas afecten ás manobras, requisitos que ofrece o porto de Combaro. Sinala que se escolle este porto tamén porque o operativo afectará menos ao tráfico portuario que en Marín

Estacionamento na zona portuaria de Combarro
Estacionamento na zona portuaria de Combarro

A Xunta de Galicia respondeu ás críticas realizadas por diferentes formacións políticas sobre o peche do aparcamento situado nas proximidades do Porto de Combarro. Un tema que foi debatido en pleno no Concello e será levado ao Parlamento da man do grupo socialista. Segundo indican desde a Consellería do Mar, o peche desa zona portuaria responde á necesidade de realizar as obras do novo emisario submarino da EDAR de Praceres.

Lembran que a obra conta cun investimento de doce millóns de euros e dará servizo a máis de 140.000 habitantes da ría de Pontevedra, entre os que se atopan os residentes en Poio. 

Desde a Xunta inciden en que se trata dunha obra extremadamente complexa porque non se trata só de "amorear materiais senón tamén de lanzar o emisario". Expoñen que é necesario apoiarse nunha instalación portuaria e dispoñer de terreo suficiente para poder executar as distintas manobras e mover pezas de grandes dimensións empregadas nos traballos para a instalación do emisario.

Para estes traballos é necesario que se rexistren as mellores condicións meteorolóxicas, sinalan desde a Consellería e, por este motivo, os técnicos de Augas de Galicia, empresa pública responsable dos traballos, determinaron que tanto o porto de Combarro como o período de verán son as mellores opcións para realizar as obras coa "maior seguridade"

Na instalación da infraestrutura do emisario, lembran, é preciso contar con boas condicións de estabilidade e frotabilidade evitando que as ondas afecten as manobras. Estas condicións conflúen no porto de Combarro, segundo expón o departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana. "Trátase de evitar episodios de ondas extremas e facilitar que as operacións marítimas desenvólvanse coa maior seguridade para as embarcacións e o persoal técnico implicado, ademais de buscar a menor afectación ao tráfico portuario, que é reducido na contorna deldique de Canteira", sinalan no comunicado sen referirse á opción de Marín, que propoñen desde o Partido Socialista.

Desde a Xunta lamentan as molestias que poida ocasionar este peche e apela á comprensión porque a actuación se realiza en beneficio da cidadanía, seguindo "rigorosos criterios técnicos". Desde a Consellería do Mar lémbrase que, previamente ao uso desta zona portuaria, se informou ao Concello de Poio das circunstancias.

Arquivado en