A Xunta repartirá 55.000 test de saliva nos centros educativos a partir do luns

Pontevedra
15 de xaneiro 2022

A Xunta de Galicia repartirá a partir deste luns un total de 55.000 test de antíxenos de saliva nos centros educativos públicos e privados. O motivo é "reforzar a seguridade logo das vacacións de Nadal" nunha volta ás aulas "no medio dunha onda de covid" 

Realización de probas de test de antíxenos con saliva no Recinto Feiral
Realización de probas de test de antíxenos con saliva no Recinto Feiral / Mónica Patxot

A Xunta de Galicia repartirá a partir deste luns un total de 55.000 test de antíxenos de saliva nos centros educativos públicos e privados. O motivo é "reforzar a seguridade logo das vacacións de Nadal" nunha volta ás aulas "no medio dunha onda de covid".

O goberno galego quere que o alumnado se realice voluntariamente a proba no seu domicilio, polo que este sistema de detección estará dispoñible durante as primeiras semanas da volta as aulas. 

Deste xeito, dos 55.000 tests, 37.500 repartiranse directamente nos centros educativos, proporcionando a cada un deles o número de tests equivalente ao 25% do seu alumnado de 5 a 11 anos. Empregarase baixo a supervisión do coordinador do centro e no caso de gromo intervirá a Dirección Xeral de Saúde Pública.

Os nenos e nenas candidatos á realización destes test defínense segundo as características que marca Saúde Pública en base á situación epidemiolóxica actual.

Os 17.500 tests restantes estarán na plataforma loxística do Sergas e poderán ser subministrados aos centros que os soliciten, unha vez que xa só lles reste menos dun terzo dos que recibisen e que xustifiquen o correcto emprego dos que usaron ata o momento.

RECOLLIDA DE MOSTRAS E COMUNICACIÓN DO RESULTADO

A toma da mostra será no domicilio do alumno, que non pode comer, beber, cepillarse os dentes nin mascar chicle polo menos 30 minutos antes da recolección. O hisopo no pode ser depositado sobre ningunha superficie. O cativo deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable. A recollida dunha mostra de saliva pode tomar de 2 a 5 minutos.

En caso de resultado positivo serán considerados caso afirmativo y deberán seguir as medidas de illamento. A persoa responsable deberá notificar o positivo a Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus, ou chamar ao 881 540 045. Os resultados positivos deben comunicarse ao centro educativo. En ningún caso notificaranse os resultados negativos.

REGRESO ÁS AULAS "BASTANTE NORMAL"

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sinalou este sábado que o regreso ás aulas en Galicia tras as vacacións do Nadal foi "bastante normal", a pesar de estar nun momento "tremendamente complexo" pola pandemia.

Durante un acto celebrado en Bueu, Rodríguez apuntou que hai once aulas pechadas nos colexios da comunidade, apenas o 0,13% do total, e o número de positivos na comunidade escolar son uns 10.000 entre medio millón de persoas.

O titular de Educación no goberno galego subliñou que as festas de nadal provocaron un incremento "moi potente" da incidencia, tamén entre os menores que están en idade escolar, polo que a situación é "absolutamente excepcional".en  contagios ás aulas".

Dentro desta situación que o conselleiro cualificou como "relativamente normal", Rodríguez celebrou que Galicia situouse, cun 75% dos nenos de 5 a 11 anos vacinados, como a comunidade autónoma con maior índice de vacinación infantil, "case duplicando a media española".

"Agradecemos a confianza das familias no gran traballo dos sanitarios galegos", sinalou o dirixente autonómico, que avanzou que o goberno galego seguirá traballando para "aumentar esa confianza" dos proxenitores no sistema e nos protocolos.

As vacinas e os test preventivos, apuntou a responsable da área de Educación, "son elementos que teñen a capacidade de minimizar o impacto da pandemia", polo que entende que nestes momentos, "o máis importante" é a detección "prematura" de posibles casos de infección.