A Xunta prorroga ata o 15 de xuño o desaloxo dos afectados polas expropiacións do Hospital Montecelo

Pontevedra
19 de febreiro 2020

O próximo mes de marzo sairá publicada a licitación da obra do Gran Montecelo e mantéñense os prazos de adxudicación neste primeiro semestre do ano

Xuntanza de Alfonso Rueda cos afectados polas expropiacións do Hospital Montecelo
Xuntanza de Alfonso Rueda cos afectados polas expropiacións do Hospital Montecelo / Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuniuse este mércores coas cinco familias afectadas polas expropiacións para as obras do Hospital Gran Montecelo as que conceden unha prórroga na data do desaloxo.

O encontro produciuse na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra e á súa conclusión o vicepresidente explicou que os afectados pedíranlle "permanecer el máximo tiempo posible en sus propiedades" ata que atopen unha nova localización.

Estes afectados xa gozaban dunha prórroga inicial respecto ao prazo no que tiñan que deixar as súas casas e negocios que vencía o próximo 28 de febreiro e agora a Xunta concédelles un novo prazo, segundo confirmou Rueda.

"Hay que ponerse en la piel y en la situación de las personas que han sido expropiadas" sinalou o vicepresidente. "Dentro de lo inevitable que es esta actuación administrativa hay que darles las máximas facilidades posibles", engadiu.

Alfonso Rueda anunciou que o próximo mes de marzo sairá publicada a licitación da obra do Gran Montecelo e mantéñense os prazos de adxudicación neste primeiro semestre do ano. Por tanto no acordo cos afectados que serán expropiados "lo que hemos intentado es ir hasta el límite de esos plazos donde va a ser necesario disponer de las edificaciones", indicou. Esa data tope para que se produza o desaloxo é o 15 de xuño.

A portavoz das familias afectadas polas expropiacións forzosas dixo que están "satisfechos" co prazo que lles deron "lo que no estamos de acuerdo es con el precio que ha establecido la Xunta de manera unilateral" en pago polos seus negocios e vivendas. Esta reclamación levárona ao tribunal do xustiprezo "y esperamos que atiendan nuestras razones sino iremos al Tribunal Superior de Xustiza de Galicia".

Tamén expresaron o seu malestar por ter que asumir tamén o pago dos impostos "es absurdo, te dan un dinero para reponerte el bien que te llevan y por otro lado Hacienda te reclama como si hubieras tenido un ingreso extraordinario".

 

Arquivado en