A Xunta permite os desfiles de Entroido pero prohíbe fumar

Pontevedra
26 de xaneiro 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña avanzou este mércores o protocolo de medidas sanitarias que aplicará a Xunta de Galicia como motivo das festas do Entroido

Desfile do Entroido 2019 (3)
Desfile do Entroido 2019 (3) / Diego Torrado

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña avanzou este mércores o protocolo de medidas sanitarias que aplicará a Xunta de Galicia como motivo das festas do Entroido. 

Segundo dixo o conselleiro, o aforo será do 100%, pero será obrigatorio o certificado covid para eventos de máis de 200 persoas en interiores e de 500 en exteriores.

A medida máis rechamante é que a Xunta prohibe fumar ao público, sexa tabaco ou cigarros electrónicos.

O conselleiro sinalou que serán os concellos os encargados de tomar as medidas necesarias para que se faga un "uso correcto" nos espazos ao aire libre e garanta a distancia e o uso da máscara. 

Será nos espectáculos onde se terán que acoutar os espazos para poder ter un control da afluencia.