A Xunta pedirá, por terceira vez, un encontro coa Deputación para falar da rehabilitación do Pazo de Lourizán

Pontevedra
19 de xaneiro 2017

"En próximas datas" dende a Xunta solicitarase ao goberno de Carmela Silva una nova petición de entrevista, "como xa se fixo noutras ocasións, para tratar de que o proxecto sexa una realidade"

Comisión de seguimento do Pacto Ambiental asinado con Ence
Comisión de seguimento do Pacto Ambiental asinado con Ence / Mónica Patxot

A Xunta de Galicia solicitará, por terceira vez, un encontro coa Deputación de Pontevedra para falar do pacto ambiental asinado coa empresa ENCE que, entre outros compromisos, inclúe investimentos de 5 millóns de euros para rehabilitar o Pazo de Lourizán e albergar nese espazo un novo centro de I+D, "convertendo o inmoble nun centro punteiro e todo elo sen que, en ningún caso, se perda a titularidade pública do edificio".

A Xunta considera que se trata dunha "oportunidade" para recuperar un lugar emblemático.

Fontes oficiais da Xunta aseguran que o executivo galego "ten mostrado dende o principio o seu máximo interese en que o proxecto para a rehabilitación do Pazo de Lourizán saia adiante e ten proposto en varias ocasións encontros coa Deputación para conseguilo". Dúas delas por carta no mes de outubro.

Estas mesmas fontes adiantan que "en próximas datas" dende a Xunta solicitarase ao goberno de Carmela Silva una nova petición de entrevista, "como xa se fixo noutras ocasións, para tratar de que o proxecto sexa una realidade".

Unha reunión, na que "non será un impedimento" que non participen representantes da empresa Ence e á que a Xunta afirma que irá "con vontade positiva".

Na proposta de xuntanza remitida o pasado mes de outubro falaban de manter o encontro na delegación da Xunta en Pontevedra entre o vicepresidente, Alfonso  Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, xunto coa presidenta provincial, Carmela Silva "e con quen decida que a acompañe en nome da Deputación de Pontevedra". E engadían que "de estar de acordo", lle trasladarían a cita aos máximos responsables da empresa Ence "para que asistan ao encontro e alí aclaren e resolvan todas as dúbidas que se puideran presentar".

Dende a Xunta aprecian "certa indefinición" entre os socios do Partido Socialista e do BNG no goberno da Deputación, xa que por un lado o seu vicepresidente, César Mosquera di que "a Deputación non vai poñer problemas" e, por outro, a presidenta e o deputado López Font, que onte afirmou "nada tenemos que pactar con terceros y menos con una empresa privada" din o contrario. 

No goberno galego agardan "que se poñan de acordo antes do encontro".