A Xunta participará na poxa de Alfageme

O Salnés
18 de decembro 2012

A intención do goberno autonómico é a de quedar coas dúas fábricas de Vilaxoán e Ribadumia para dar continuidade á actividade industrial e salvagardar os postos de traballo, segundo trasladou o sindicato CGT. Este sindicato e un grupo de traballadoras concentráronse o luns ao mediodía ante a consellería de Economía e Industria, solicitando ser recibidos polo novo titular, Francisco Conde, aínda que finalmente fíxoo o Director do IGAPE, Javier Aguilera

Movilización de CGT
Movilización de CGT / CGT-Galicia

A Xunta participará na poxa de Alfageme que se celebrará o vindeiro día 20 no Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo, segundo trasladou o sindicato CGT.

A intención do goberno autonómico é a de quedar coas dúas fábricas de Vilaxoán e Ribadumia para dar continuidade á actividade industrial e salvagardar os postos de traballo.

Este sindicato e un grupo de traballadoras concentráronse o luns ao mediodía ante a consellería de Economía e Industria, solicitando ser recibidos polo novo titular, Francisco Conde, aínda que finalmente fíxoo o Director do IGAPE, Javier Aguilera.

Segundo os sindicalistas o Executivo galego tiña previsto comunicar de xeito oficial a decisión o mércores durante a comparecencia no Parlamento do conselleiro. Ao día seguinte, o xoves, celebrarase a poxa.

Os prezos de saída dos bens son 900.000 euros en total, a fábrica de Vilaxoán póxase por 500.000 euros, a de Ribadumia por 300.000 e a marca Miau por 100.000 euros.

Anteriormente adxudicáronse as marcas Eureka, que quedou a empresa Calvo, e Peña, que foi a parar a mans de Coswinga, unha empresa ligada aos expropietarios de Alfageme, a familia Lago.

A poxa da conserveira prodúcese despois de que a Xunta declarase deserto un concurso inicial ao que se presentaron tres empresas (Consorcio, Coswinga e Pescamar). O Igape explicou que entre as condicións estaba o mantemento da actividade e de 150 empregos durante cinco anos e polo menos 100 durante os próximos dez.

Arquivado en