A Xunta mellorará as beirarrúas da Rúa 3 de Moraña

Umia
16 de marzo 2021

O delegado territorial da Xunta, Luís López, mantivo un encontro co rexedor José Cela para abordar os futuros investimentos do goberno galego no municipio

Reunión do delegado territorial, Luís López, co alcalde de Moraña, José Cela
Reunión do delegado territorial, Luís López, co alcalde de Moraña, José Cela / Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, reúnese co alcalde de Moraña, José Cela, para abordar os novos investimentos do goberno autonómico para o municipio.

Ademais da concesión de dous obradoiros de emprego e a remodelación do campo de fútbol de Mirallos, López confirmoulle a Cela que a Consellería de Infraestruturas empezará a redactar o proxecto para o acondicionamento, mellora e ampliación de beirarrúas na Rúa 3. Aproveitou o rexedor para lembrar tamén a necesidade de renovar o pavimento nun tramo da PO-221.

Outros asuntos tratados no encontro foron a mellora da contorna do pavillón, a pista multideporte e o circuíto pump- truck para convertelo nunha praza que integre todos estes espazos e a implantación dunha senda peonil cara ao lugar de Cortiñas.