A Xunta manterá "uns días máis" as actuais restricións sanitarias

Pontevedra
06 de abril 2021

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, adiantou que "imos manter uns días máis as restricións, as normas actuais"

Xente paseando pola rúa con máscara
Xente paseando pola rúa con máscara /

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,  Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, adiantou que "imos manter uns días máis as restricións, as normas actuais".

"Eu creo que vale a pena, vendo que é posible e que temos ao alcance da man evitar unha cuarta onda e vendo o que está a pasar noutros lugares", engadiu o número dous do Goberno galego en referencia "ao que está a suceder" noutras comunidades autónomas e tamén noutros países europeos que "están nunha situación que xa lles obriga a tomar máis restricións que nós aquí queremos evitar".

Alfonso Rueda dixo que a "prudencia" aconsella manter as actuais restricións e incidiu en que "todo o mundo está de acordo, e creo que os hostaleiros os primeiros, en agardar uns días máis".

Proximamente a Xunta volverá reunirse con representantes do sector da hostalería "e explicarémoslles a situación", dixo Rueda. 

O vicepresidente galego explicou que "hai que esperar uns días máis" para coñecer "os efectos e as consecuencias" desta ponte festiva da Semana Santa coas súas xornadas de "máis mobilidade" polo que o comité clínico deste martes servirá para iniciar un estudo da situación e axustar as listaxes dos concellos en cada nivel de restricións, pero haberá que esperar ao ciclo da enfermidade, é dicir, pasados uns dez días, para comprobar a situación.

Alfonso Rueda remitiuse ao avanzado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cando apuntou que a reunión non incluirá modificacións nin no toque de queda nin horario da hostalería. 

"CADA VEZ MÁIS CONCIENCIADOS"

O vicepresidente primeiro da Xunta tamén trasladei a súa "sensación" que lle indica que "cada vez estamos máis concienciados da necesidade de cumprir as normas sanitarias" e aínda que recoñece que "segue habendo irresponsables  incumplidores que nos poñen en perigo a todos" destaca que "en xeral hai un bo comportamento" que espera que confirmen as cifras nos próximos días.

Neste sentido, o vicepresidente agradeceu o labor "fundamental" de vixilancia do cumprimento das normas sanitarias que facer os membros das forzas e corpos de seguridade.

VACINAS

Atendendo ás preguntas dos xornalistas no transcurso dunha visita ás obras da Estación de Autobuses de Pontevedra, Alfonso Rueda referiuse ao proceso de vacinación en Galicia para insistir unha vez máis en que "o único que fai falta é que cheguen as vacinas", como vén repetindo a Xunta desde que o inicio da inmunización.

"A capacidade de vacinación é moi superior ás doses que se están administrando, pero non chegan máis", reiterou. Diante da anunciada chegada de máis dose nos próximos días o vicepresidente remarcou que "por suposto que a Xunta de Galicia está preparada para administralas nunha cantidade moito máis importante". "Chegamos a falar de cen mil doses diarias que se poden administrar. Benvidas sexan se chegan", engadiu.

"Oxalá sexa así" desexou Alfonso Rueda para quen "está demostrado" que as vacinas xunto ao cumprimento das normas "son a saída a todo este pesadelo que levamos un ano vivindo".